Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 Durante o periodo de clases, e no prazo estipulado polo profesorado, desenvolverase un traballo en grupo que suporá o 10% da cualificación final (máximo 1 punto) e que forma parte da avaliación continua. O traballo non realizado puntúa como cero. 10
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 Durante o periodo de clases realizaranse varias probas mixtas de avaliación continua que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 30% da cualificación final (máximo 3 puntos). Cada proba non realizada puntúa como cero. 30
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 Exame da toda a materia que supón o 60% da cualificación final que se pode obter (máximo 6 puntos). Celebrarase en primeira oportunidade (xaneiro no grao en ADE e maio/xuño no programa de simultaneidade dos graos en ADE e Dereito) e en segunda oportunidade (xullo) nas datas fixadas pola xunta de facultade. 60
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

  1. Condicións de avaliación: está
    prohibido acceder ás aulas de exame con calquera dispositivo aceso que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento
    de información. En canto á comisión de fraude e responsabilidades
    disciplinarias, aplicarase o disposto no artigo 14 das "Normas de avaliación,
    revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
    mestrado universitario" da UDC.
  2. Identificación: cada estudiante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

  1. A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumnado cuxa participación en actividades de
    avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
    final, con independencia da cualificación acadada.
  2. A avaliación exposta tamén rexe para o alumnado con recoñecemento de
    dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
    .

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

  1. Os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación.
  2. A oportunidade adiantada de avaliación terá lugar na data establecida pola facultade a tal efecto e o exame
    será tipo proba mixta de todos os contidos e competencias da materia e polo 100% da cualificación.