Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais O/a estudante deberá facer unha procura exhaustiva dos materiais apropiados para o Traballo Fin de Máster: legais, xurisprudenciais, doctrinales, etc.
Lecturas O/a estudante debe ler as fontes documentais e tomar as notas oportunas, para proceder á redacción do TFM.
Investigación (Proxecto de investigación) O/a estudante debe planificar a investigación a desenvolver. Partindo desa planificación, deberá redactar o TFM contando co apoio do director ou a directora en todo momento e ao longo de todo o proceso.
Discusión dirixida O/a estudante debe acudir ás reunións co ou a directora que se estipulen. Nelas procederase a discutir os aspectos do traballo que deben mellorarse.
Presentación oral O/a estudante debe presentar oralmente o froito do seu traballo ao tribunal designado para ese efecto.