Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B1 B2 B3 B4 B5 B10 B14 C3 C4 C5 C6 C7 Actividades de avaliación que serán propostas aos alumnos sempre acompañadas do material preciso para realizalas así como da data límite para a súa entrega. 80
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 B8 Rexistro da asistencia activa ás sesións presenciais. No caso de non haber docencia, a proba práctica computará o 100% da avaliación. 20
 
Observacións avaliación

Os alumnos serán avaliados polo traballo que realicen ao longo do curso, cun sistema de avaliación continua. Cada alumno adquire o compromiso de participar activa e satisfactoriamente nas actividades obrigatorias, que son as seguintes: 

1) A asistencia ás clases presenciais e realizar as actividades en Moodle. Os alumnos deberán xustificar as ausencias. En calquera caso, non se admitirá unha ausencia superior ao 20% das clases presenciais. O criterio de avaliación denominado "sesión maxistral" enténdese como rexistro da asistencia activa ás sesiones presenciais.

2) A realización das actividades encomendadas polos profesores das materias na aula.

3) A realización das actividades non presenciais requeridas aos alumnos polo profesorado do mestrado, que serán avaliadas sempre que se entreguen dentro do prazo sinalado para a realización das mesmas.

4) Os alumnos poderán participar activamente nas actividades complementarias que se ofrecen ao longo do curso. Entre estas actividades, atópase a realización de seminarios que poderán realizarse fora do horario das clases presenciais. A asistencia será valorada positivamente. Poderá reservarse unha porcentaxe da nota final para avaliar as diversas actividades complementarias que teña realizado cada alumno.

Calificación final: Para a superación da materia, os alumnos deben acadar a calificación de 5 ou superior.

Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cuando soamente participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación acadada.

Avaliación en primeira oportunidade

Ao tratarse dun Mestrado semipresencial, para poder ser avaliado haberá que cumprir con unha asistencia mínima do 80% ás clases (máximo un 20% de ausencias non xustificadas). En caso de non cumprirse ese mínimo, non cabe a posibilidade ser avaliado e, en consecuencia, na primeira oportunidade aparecerá un “non presentado”. Tales estudantes haberán de ser avaliados en segunda oportunidade. A mera asistencia a clase non será en ningún caso obxecto de avaliación, nin en primeira nin en segunda oportunidade. 

Avaliación en segunda oportunidade 

A avaliación en segunda oportunidade diferénciase de acordo coas seguintes circunstancias: 

- aos alumnos/as que non alcanzaron o 80% de asistencia se lles propoñerán actividades de avaliación que lles permitan acadar o 100% da calificación final

- aos alumnos/as que suspenderan as actividades de avaliación se lles manterán os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade. 

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os criterios de avaliación no esixirán o requisito de asistencia mínima d 80% ás clases, nin na primeira nin na segunda oportunidade. A avaliación consistirá nun traballo tutelado, que terá un valor do 100% tanto en primeira oportunidade como en segunda oportunidade ou, no seu caso, actividades de avaliación que lles permitan acadar o 100% da calificación final.