Temas Subtemas
O Traballo Fin de Máster deberá realizarse, por regra xeral, sobre un tema encuadrable na/s Especialidade/s que cursase o/a alumno/a. Hai que ter en conta que o tema se elixe entre o/a alumno/a e o/a titor/a que supervisa a realización do TFM en todas as súas fases e deberá dar o seu visto e prace para a súa presentación. É necesario apuntar que o alumnado que cursa o segundo cuadrimestre en Widener, para a obtención da Dobre Titulación (MAXE e MASTER OF LAWS IN CORPORATE LAW AND FINANCE) realiza en EE. UU o seu TFM, dado que a especialidade cúrsase alí.