Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A7 A14 Cualificación na proba ou exame teórico
50
Sesión maxistral A1 A2 A3 B3 B5 C1 C4 A participación do estudantado na aula da sesión maxistral será tida en conta na avaliación do curso 5
Presentación oral A1 A2 A5 A15 B2 B5 B6 B8 B9 C1 C3 C4 C6 Terase en conta na súa avaliación o coñecemento da materia que o/a alumno/a demostre, así como a súa habilidade comunicativa e dominio da lingua oral na exposición na aula. 10
Obradoiro A1 A2 A7 A9 A11 A14 B3 B4 C5 C6 Na aula de prácticas se avaliará o proceso de traballo individual e en equipo 10
Lecturas A5 A7 A14 B1 C7 Avaliarase o traballo de lectura realizado polo/a alumno/a 10
Recensión bilbiográfica A1 A2 A7 B7 C1 Avaliación da resposta do alumnado no referente ao seguimento da orientación exposta na aula pola profesora ou profesor, para a realización de recensións, fichas ou comentarios de lecturas 15
 
Observacións avaliación

1) Na 1º oportunidade realizarase unha proba mixta, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos levados a cabo polo estudante durante o curso (o calendario de presentación de traballos será explicado polo docente ao inicio do curso). Dun deses traballos farase unha presentación oral na aula durante o curso.  

Nesta 1º oportunidade, será considerado NP o/a alumno/a que non se presente á proba mixta, aínda que teña realizado os 

 traballos prácticos durante o curso. 

2) Na 2º oportunidade realizarase un exame que constará dunha parte teórica e outra práctica. 

3) O/a estudante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro) deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo). 

4) O/a estudante deberá obter unha nota mínima de 4 na proba mixta para poder facer a media coa parte práctica do curso.

5) Repetidores/as ou alumnos/as con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co  docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. No relativo ás prácticas, confeccionarase un calendario de entrega adaptado ás necesidades do/a estudante en concreto. Tamén se programarán titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.

 6) As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.

Os traballos nos que o alumnado plaxie serán penalizados cunha nota de 0,00. O docente ten á súa disposición a aplicación informática da UDC para a detección de plaxios.