Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", o alumnado realizará individualmente ou en grupos reducidos un traballo tutelado (focado de preferencia para a pesquisa, a documentación e a elaboración de proxectos) do cal se derivará tamén a correspondente "Presentación Oral". Tanto a eventual composición do grupo como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións.
Lecturas Cada alumno/a realizará a lectura de unha serie de monografias, artigos ou capítulos de libro relativos aos contidos focados na materia e recollidas nunha listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. O número destas lecturas será inferior a seis por alumno/a e, delas, un artigo ou capítulo de libro será obxecto de presentación oral e un libro da recensión bibliográfica.
Presentación oral Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os resultados do Traballo Tutelado realizado e as principais cuestións focadas nunha das leituras realizadas.

Os materiais utilizados nas exposicións orais (diapositivos, esquemas, etc.) serán disponibilizados para o conxunto do grupo através do Moodle. A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados deben ser tamen levados en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Proba mixta Proba escrita que poderá combinar actividades de carácter ensaístico con outras de comentario de textos.
Recensión bilbiográfica O alumnado realizará unha "Recensión bibliográfica" individual dunha lectura (en formato libro) seleccionada entre a listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. A correspondente recensión pode ser obxecto de comentario nas aulas e será disponibilizada para o conxunto do grupo a través do Moodle.
Estudo de casos Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos conteúdos focados na materia e ás destrezas que é esperado desenvolver.
Sesión maxistral Apresentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.