Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 A14 A15 A20 B1 B3 B5 B6 B7 B9 C3 C6 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". A corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados tanto para resolver eventuais problemas como para apresentar o traballo serán tamén obxecto de avaliación. 25
Presentación oral A11 B4 Para alén da utilidade da presentación para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do conteúdo, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipa. 10
Proba mixta A11 A18 A20 A26 B7 Será obxecto de avaliación a adecuación entre o exposto na proba mixta e os conteúdos presentados e estudados na materia, tanto nas sesións maxistrais e presentacións orais como nas lecturas realizadas e nos estudos de caso analisados. Será tamén levada en conta a capacidade de análise crítica, a corrección lingüística e a clareza expositiva. 40
Recensión bilbiográfica A1 B3 B5 B8 C6 Na recensión bibliográfica será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de conteúdos e a adecuación de forma e fondo. 10
Estudo de casos A1 B1 B4 B7 B10 C3 C4 C6 Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polos docentes para cada actividade destas características. 15
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados na plataforma Moodle no inicio do curso.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

O estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos docentes. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel da materia e, para a superar, terá de realizar a proba mixta (5 valores), unha recensión bibliográfica (1 punto), un traballo tutelado (2 valores) e aqueles estudos de caso (2 valores) que lle foren encomendados.

Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polos docentes através do Moodle e/ou expostos na sala de aulas. Os docentes fornecerán, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán aprobar (5 valores sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data marcada ao efecto pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade anterior.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á proba mixta ou que non presentar ningunha das actividades previstas nesta guía.