Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Proba de ensaio
Sesión maxistral
Lecturas
Discusión dirixida
Solución de problemas
Descrición
A través destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Á beira do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado pola profesora responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida fundamentalmente para o apoio á realización dos traballos tutelados. De maneira xeral, cada estudante asistirá, polo menos, a unha sesión de atendemento previa á entrega da proba de ensaio final.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas pola docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.