Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A10 A14 A15 A18 B1 B2 B3 B7 B9 B10 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Será valorado polo/a director/a do traballo segundo o seguinte:

1. Aspectos formais (20%): adecuación ao formato establecido, presentación xeral do texto (exemplos, gráficos, anexos etc.), corrección lingüística.

2. Contido (60%): estrutura do contido (coherente e adecuada ao tema), clareza expositiva, selección e utilización da bibliografía, resultados e conclusións acordes cos obxectivos expostos.

3. Proceso de realización (20%): organización, temporalización, autonomía.
70
Presentación oral A9 B4 B6 C1 Será valorada polo tribunal segundo o seguinte:

1. Exposición (35%): axustada ao tempo, clara e estruturada, corrección e adecuación lingüística.

2. Contido do discurso (35%): capacidade de síntese, atención aos aspectos relevantes do traballo.

3. Resposta ás observacións do tribunal (15%): resposta axeitada a todas as observacións e preguntas.

4. Utilización de medios e materiais de apoio (15%): utilización de forma efectiva e pertinente de medios audiovisuais e/ou materiais de apoio.
30
 
Observacións avaliación
A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal.

Serán cualificados con NON PRESENTADO/A os/as alumnos/as que non realizaren a presentación oral pública ante o tribunal.

Calquera falta de honradez académica (plaxio ou outras formas) penalizarase co suspenso automático do TFG. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).

------------------------------------------------

A estrutura do Traballo de Fin de Grao axustarase a estas características:

1. Capa, que incluirá, obrigatoriamente, o logotipo e o nome da Universidade, o nome da Facultade, a denominación do grao, o título do traballo, o nome do autor ou da autora, o visto e prace manuscrito do director ou da directora co seu nome, e o ano de presentación. Non se numerará.

2. Índice do traballo con paxinación.

3. Resumo do traballo, que dará conta necesariamente de obxectivos, metodoloxía, unha síntese dos contidos e as conclusións e será aproximadamente de 500 palabras.

4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada.

5. Traballo.

6. Conclusións.

7. Referencias bibliográficas.

8. Anexos (se os houber).

O Traballo de Fin de Grao terá unha extensión mínima de 9000 e máxima de 11000 palabras. Para o cómputo non se terán en conta os apartados 1, 2, 3, 7 nin 8.
Presentarase en formato A4, con marxes de 2,5 cm, interliñado duplo e letra de 12 puntos.
A paxinación dos apartados 2 e 3 realizarase en numeración romana.