Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades realizadas o primeiro día de aulas coa finalidade de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que a profesora explica a contextualización e os elementos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Análise de fontes documentais Lectura, análise e comentario de textos poéticos e paratextos (ensaísticos, xornalísticos etc.) sobre as diversas cuestións tratadas. Eventualmente poderán ser solicitados comentarios poéticos por escrito dos textos analizados nas aulas.
Obradoiro Nestas sesións o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos da materia.
Entre estas actividades contémplanse as prácticas a través das TIC, o debate crítico, a resolución de problemas etc.
Lecturas Lecturas de carácter obrigatorio que serán seleccionadas e fornecidas pola profesora.
Alén disto, cada estudante deberá escoller e ler unha obra pertencente á poesía galega, portuguesa ou brasileira actual de autoría feminina.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón a lectura crítica dun libro e, como tal, comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración en relación á literatura existente sobre o tema.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido pola profesora, e escollido entre unha serie de propostas presentadas no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma, a capacidade de análise, o comentario textual e o manexo de fontes de diverso tipo.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con análise de fontes documentais e comentario de textos.