Metodoloxías Descrición
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do cuadrimestre.
Proba oral Exposición oral individual, na aula, en que cada alumno/a exporá a análise e comentario dunha das lecturas obrigatorias. A totalidade do grupo participará no diálogo posterior, demostrando a lectura da obra.
Obradoiro Sesións de traballo na sala de aulas en que, coa guía do docente, os estudantes realizarán comentarios de encenacións e dramaturxias de textos representativos das últimas décadas dos teatros galego, portugués e brasileiro.
Para alén do traballo na sala de aulas, o alumnado deberá realizar unha serie de visionados e lecturas complementares.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver os traballos prácticos.