Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Cada estudante deberá asistir a dous eventos (conferencias, mesas redondas, exposicións etc.) de entre os recomendados polo profesorado ao longo do curso académico.
Sobre cada evento deberá ser cumprimentada, de acordo coas instrucións do profesorado, a ficha de valoración que estará disponíbel na plataforma Moodle.
10
Proba mixta A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade.
50
Seminario A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 Nas sesións en forma de seminario, cada estudante deberá realizar a presentación oral dun artigo académico de acordo coas instrucións do profesorado.
Valorarase tamén a participación efectiva de cada estudante na discusión das presentacións no conxunto das sesións.
20
Traballos tutelados A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 O traballo titorizado consistirá na redacción de unha entrada para a Galipedia ou na revisión doutra xa existente.
Con carácter xeral o traballo realizarase en grupos de tres estudantes.
Instrucións específicas serán proporcionadas nas aulas e publicadas na plataforma moodle.
20
 
Observacións avaliación

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados na plataforma Moodle no inicio do curso.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin.

O alumnado terá de entregar os traballos e as actividades nos prazos estabelecidos nas aulas. 

1. Requisitos para superar a materia

Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes das actividades avaliábeis. Caso de a suma das cualificacións do conxunto superar o 5 mais sen obter o mínimo de 4 na proba escrita, farase constar como cualificación final 4,9.

 2. Non presentado/a

Será considerado NON PRESENTADO/A quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. 

Isto é, quen se presentar a calquera das probas escritas, terá a consideración de PRESENTADO/A.

3. Segunda oportunidade

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado.

O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 sobre 10 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

4. Dispensa académica

O/a estudante que teña concedida dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Proba mixta (60%).

2. Traballo titorizado (25 %).

3. Seminario (15 %).

Para fixar as condicións específicas do traballo titorizado e do seminario e, no seu caso, as datas de entrega/realización de actividades o alumnado deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes do día 11 de outubro.

5. Alumnado de segunda matrícula e posteriores ou con incompatibilidade horaria por razóns laborais

O alumnado con estas características que non poida asistir ás aulas con regularidade deberá alertar sobre este feito a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 30 de setembro.

6. Convocatoria adiantada de decembro

Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.