Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica, por parte do profesor, dos contidos da materia.
Lecturas Lectura de artigos puntuais sobre aspectos concretos do temario.
Obradoiro Realización de prácticas nas que se inclúen busca de solución a determinados problemas, probas de discriminación, probas de completar, corrección de textos, aplicación de normas, análise crítica de determinadas lecturas, traballo en grupo.
Proba mixta Exame final no que se mostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado.
Traballos tutelados Traballo en grupo no que se aplicarán os coñecementos adquiridos á detección de erros e corrección de textos de forma xustificada. A preparación do traballo farase baixo a tutela da profesora.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a conferencias e seminarios relacionados coa materia.