Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Como corresponde ao tipo de avaliación continua que caracteriza a esta materia, cada estudante ou grupo reducido de estudantes precisará dunha orientación persoalizada, nomeadamente no que se refire á comprensión dos textos e conceptos, e no que atinxe á súa participación en clase e á elaboración de exercicios escritos. A devandita orientación se desenvolverá ben nas TGR (Titorías de Grupo Reducido), ben nas titorías semanais, onde tamén se atenderán dúbidas e problemas puntuais.