Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B2 B4 B6 B7 B8 B9 B21 B23 B24 C1 Desenvolvésense dous exercicios, en función do avance medio dos alumnos. A puntuación total do apartado é de 3 puntos por exercicio, que se outorgarán tendo en conta o seu defensa e discusión en tutorías e en clase.

A puntuación máxima total das prácticas será de 6 puntos.
60
Sesión maxistral A8 B1 B3 B5 B10 B13 B14 B17 B22 B25 C6 Realizarase un exame dos conceptos teóricos discutidos e as conclusións das conferencias.

O exame terá catro apartados,
1.- Estudo das necesidades da organización e determinación de requisitos.
2.- Linguaxes e Modelos.
3.- Validación e prototipos.
4.- Sistemas encaixados e outros casos.



A puntuación máxima do exame será de 4 puntos.
40
 
Observacións avaliación

A puntuación total da materia obterase da suma da puntuación obtida no exame e en cada unha das prácticas. A presentación a exame é un requisito necesario para a valoración das prácticas.

 Aqueles estudiantes con matircula a tempo parcial ou calquer circunstancia que impida a asistencia as clases, deberan contactar cos docentes para determinar alternativas ao seguimento e a avaliacion da materia.