Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
O traballo tutelado realizarase, en parte, durante as prácticas de laboratorio e, en gran parte, como traballo autónomo. Para o correcto desenvolvemento será necesario un seguimento periódico que permita aos estudantes aclarar erros de concepto o máis pronto posible e así asegurar a calidade do traballo. Este seguimento realizarase do modo seguinte:
- Cada equipo de prácticas disporá dun tempo exclusivo de titoría dentro das clases prácticas.
- Se establecerá un calendario de controles periódicos non puntuables antes da entrega das prácticas nos que o alumnado terá que enviar o traballo realizado a través de Moodle e, como resposta, recibirá información cos erros máis salientables do mesmo.

Por último, no que se refire as titorías individuais estas serán atendidas, preferentemente nos horarios oficiais das titorías, a través das seguintes canles:
- Correo-e: De uso para facer consultas de resposta curta.
- Teams: encontros virtuais previa solicitude vía correo-e.