Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Fundamentos da Programación II/614G02009

Observacións

O alumno debe ter en conta que debe realizar unha labor autodidacta moi importante, seguindo o seguinte esquema: Ler, atender, comprender, preguntar, estudar e practicar

·  Ler: Lea o tema a tratar antes de asistir ás sesións teóricas. É MOI IMPORTANTE!

·  Atender: Atenda en clase, non só estea de corpo presente.

·  Comprender: Comprenda o que se lle di nas sesións de teoría, e si non pregunte.

·  Preguntar: Pregunte todo o que non comprenda, non quede con dúbidas.

·  Estudar: Estude logo das sesións, para reter o comprendido.

·  Practicar: Faga moitos programas, os que se lle pidan, suxiran, e outros pola súa conta, tanto en papel como no ordenador. Fundamentos da programación I é unha asignatura que non se pode aprender estudando en dous días. O alumno debe ir madurando os conceptos, facer sobre o papel e na máquina moitos programas, aprendendo tamén dos erros ao realizalos. Esta é unha asignatura que, por medio do sistema de avaliación continua, se pode seguir de forma activa, o ritmo das distintas sesións teóricas e prácticas. Debe facer caso ás indicacións particulares de reforzo de estudo que lle sinale o profesor.