Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A17 A18 A20 B1 B5 B6 C1 Ao longo do curso, o alumno demostrará o seu interese polo tema e o seu dominio mediante a realización de probas escritas (controis) no que se avaliará o traballo práctico da materia.
Os alumnos que non obteñan o máximo do 20% da nota correspondente a esta parte, poderán recuperar a parte faltante na realización do exame final da materia.
20
Proba mixta A17 A18 A20 B1 B5 B6 C1 O exame final, cun valor entre o 80% e o 100%, consistirá nunha proba teórico-práctica escrita. 80
 
Observacións avaliación

Na data establecida pola Facultade na súa planificación anual, o alumno fará por escrito o exame final da materia (proba mixta), no que terá que responder a preguntas teóricas, resolver preguntas teórico-prácticas e calcular a solución de diversos problemas. Para esta proba o alumno só poderá levar consigo o material autorizado expresamente.