Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 B1 B5 B6 C1 Realización segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. 20
Solución de problemas A5 B1 B5 B6 C1 Valoraranse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso. 10
Proba obxectiva A5 B1 B5 B6 Realización obrigatoria. Necesario aprobar a proba para superar a materia. 70
 
Observacións avaliación

Traballos prácticos e solución de problemas

- De acordo
ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos
levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que
presente material copiado como a quen o facilitase, e a
cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

Matrícula a tempo parcial

-
Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.

Non presentado

- Quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP).


*
Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de
Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.