Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 B2 B3 B4 C4 Presentación oral do traballo por grupos. 10
Prácticas a través de TIC A19 A18 A17 A12 A9 A8 A6 A5 A4 A3 A20 A26 A33 B7 B9 B10 C1 C2 C3 Práctica(s) de ordenador usando o software estatístico libre R. 40
Solución de problemas A17 A33 A2 B2 B5 B6 B7 B8 B10 Contido do traballo por grupos relacionado cos temas 0-2. 10
Proba de resposta múltiple A19 A24 A25 A1 B3 B8 Proba(s) de comprensión dos conceptos impartidos. 40
 
Observacións avaliación

A avaliación realizarase por medio de dúas probas sobre
prácticas con R, un traballo por grupos de 2-4 estudantes, así como dúas probas escritas de conceptos. A primeira das probas prácticas e a primeira de conceptos realizaranse na mesma data, aproximadamente na metade do cuadrimestre, e corresponderán aos temas 0-2. As segundas de cada unha desas probas realizaranse tamén na mesma data, o día fixado para o exame final, no mes de xaneiro de 2021. Estas segundas probas corresponderán a toda a materia do curso, mais os/as alumnos/as que teñan superado cada unha das probas de metade do cuadrimestre, poderán liberarse da materia dos temas 0-2, tratando só as súas probas sobre os temas 3-4. A cualificación tanto da(s) proba(s) de
conceptos, como da(s) proba(s) sobre prácticas con R representarán o 40% da cualificación global, cada unha. O 20% restante
corresponderá ao traballo por grupos, que ten que ser presentado en público
polos alumnos, durante a segunda metade do cuadrimestre. A metade da puntuación deste traballo individual (10% da cualificación global) corresponde á presentación oral do mesmo.

En resumo, as ponderacións da avaliación quedarán da seguinte forma:

  • Traballo práctico en grupo de 2-4 persoas: 20% do total (10% resolución do exercicio práctico en R e 10% presentación oral).
  • Exames de conceptos: realizaranse dous exames de conceptos (cada un con ponderación do 20% sobre o total). O primeiro exame, relacionado cos Bloques 0-2, terá lugar a metade do cuadrimestre. O segundo exame, relacionado cos Bloques 3-4, realizarase o día do exame oficial. Permítese liberar materia, de forma que os estudantes que aproben o primeiro exame parcial, xa non se examinarán dos Bloques 0-2 no exame oficial, agás que queiran subir nota. Sen embargo, os estudantes que suspendan ou non se presenten ao parcial, irán ao exame oficial con esas dúas probas, e a suma de ambas valería un 40% sobre o total.
  • Exames prácticos: seguen a mesma idea que os exames de conceptos. Realizaranse dous exames prácticos (cada un con ponderación do 20% sobre o total), utilizando o software estatístico R. O primeiro exame, relacionado coas prácticas en R dos Bloques 0-2, terá lugar a mitade do cuadrimestre. O segundo exame, relacionado coas prácticas en R dos Bloques 3-4, realizarase o día do exame oficial. Permítese liberar materia, de forma que os estudantes que aproben o primeiro exame parcial, xa non se examinarán das prácticas dos Bloques 0-2 no exame oficial, agás que queiran subir nota. Sen embargo, os estudantes que suspendan ou non se presenten ao parcial, irán ao exame oficial con esas dúas probas, e a suma de ambas valería un 40% sobre o total.

Para superar a materia será necesario obter unha calificación de alomenos 5 sobre 10 no conxunto da materia.

Na
oportunidade de xullo os alumnos poderán liberarse de facer as probas
correspondentes nas que a súa calificación na
oportunidade de xaneiro fora de alomenos 4 sobre 10.

Na primeira oportunidade (xaneiro-febreiro), só os alumnos que non se
teñan presentado a ningunha das probas avaliables que figuran
arriba obterán a calificación de NON PRESENTADO. En xullo obterán a calificación de NON PRESENTADO os alumnos que non se tiveran presentado ao exame final desa data.