Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual B14 Participación en foros online, sobre a temática da materia, tanto para alumnos/as presenciais como online 10
Estudo de casos A2 A3 A4 A5 B14 B1 B3 B8 B12 C1 C3 C4 C7 C9 Casos prácticos en grupo tanto para alumnos/as presenciais como online 90
 
Observacións avaliación

Terase en conta a participación nos foros virtuais, tanto para os alumnos/ as presenciais como alumnos/ as online (10% nota final). 

Tanto no caso de alumnos/ as presenciais como online, avaliaranse tamén dous casos prácticos cuxo contido, datas de entrega e demais características, veñen recollidos no documento "Normas materia Dirección Estratéxica" (90% nota final)

Os casos prácticos realízanse en grupo duns 5 membros (os grupos para os/ as alumnos/ as online serán asignados polas profesoras e comunicados antes do inicio das clases). A cada grupo corresponderalle escoller unha empresa do sector turístico a analizar e deberá comunicarlle ás profesoras a elección.

Mantense o mesmo sistema de avaliación na primeira oportunidade e na segunda oportunidade.