Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A3 B2 B5 B7 B8 B13 B15 B17 C6 C7 Consiste nun traballo final individual, para desenvolver de forma autónoma, que representará o 40% da cualificación final. 40
Prácticas a través de TIC A4 A3 B2 B5 B7 B8 B13 B15 B17 C6 C7 Asignaranse tarefas que permitan a familiaridade con indicadores e estatísticas que requiren o emprego de TIC. Avaliarase o traballo realizado con follas de cálculo e outros programas informáticos para as ciencias sociais. 20
Análise de fontes documentais A3 A4 B2 B5 B7 B8 B13 B15 B17 C6 C7 Traballarase individualmente o en grupo exercicios de resolución de problemas e aplicación de coñecementos sobre as estatísticas e as fontes analizadas. Requiren lectura e preparación previa de materiais. Cada exercicio responderá a instrucións e a criterios de avaliación detallados con anterioridade a súa entrega. As instruccións contarán con data de entrega, e se penalizará o atraso. Sempre que sexa posible, os resultados discutiranse nas clases presenciais. 40
 
Observacións avaliación

Haberá exercicios para o seu seguimento presencial e outros equivalentes para o alumnado on-line. Os exercicios e traballos on-line son tamén o sistema alternativo para o alumnado a tempo parcial que soliciten dispensa de asistencia. Todos os materiais e a información para realizar os exercicios e traballos avaliables estarán dispoñibles na plataforma Moodle. Os/as alumnos/as que se presenten á convocatoria da segunda oportunidade, terán que presentar os mesmos traballos que se requiren para o alumnado on-line.

O 60% da cualificación final
obtense mediante a suma de exercicios de análise de fontes documentais e de
exercicios con TIC. Os exercicios terán o valor de entre 1 a 2 puntos e
súmanse para obter o aprobado cun 6. Polo traballo final poderase obter unha
cualificación entre 0 e 4 puntos. Para o mesmo entregaranse instrucións
detalladas e unha data de entrega. A cualificación final é a suma das dúas
partes. A diferenza entre a docencia online e presencial verase no número e
valor dos exercicios a realizar. A suspensión ou sustitución da presencialidade,
supoñerá programar máis horas de traballo autónomo en forma de exercicios a
maiores.