Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante as clases maxistrais expoñeranse os principais contidos ou temas do curso. En xeral, dedicaráselles unha clase por semana.
Proba mixta O exame final consistirá nunha parte de preguntas test e outra parte de preguntas de ensaio sobre as lecturas e os materiais asignados.
Discusión dirixida As clases de discusión dirixidas supoñerán o esforzo de aplicar a teoría e conceptos presentados previamente a casos máis prácticos, ou á interpretación de novos textos e casuística. Desenvolveranse a través dunha serie de preguntas suscitadas pola profesora respecto de os materiais que se traballarán en cada sesión.