Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audivisuais e a introducción de temas para debate por parte do estudantado. Propiciarase a participación na clase tanto de alumnas como de alumnos. Na medida en que o desenvolvemento da materia o permita, invitaránse profesionais de distintas disciplinas a participar nas sesións maxistrais.
Prácticas de laboratorio Realización de actividades de carácter práctico, relacionadas coa materia impartida nas sesións maxistrais. A maioría das actividades de prácticas desenvolveráse en grupos.
Investigación (Proxecto de investigación) Realización dun proxecto de investigación con metodoloxía de enquisa. O proxecto de investigación realizarase en grupos.
Presentación oral Presentación oral do proxecto de investigación desenvolvido durante o curso ao resto dos estudantes.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia. Estará composta por preguntas curtas e/ou de resposta múltiple.