Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As actividades de docencia presencial do curso abranguerán clases maxistrais, además das clases prácticas. Nas clases maxistrais explicaranse os temas centrais do curso de forma detida, proporcionando toda a información para que o/a alumno/a poda desenvolver o correcto seguimento do curso. A asistencia, de acordo coa guia da titulación, considerase obrigatoria e de fundamental importancia para o correcto seguimento do curso e das actividades propostas polo/a profesor/a.
Lecturas Recomendaranse textos de lectura obrigatoria que se utilizarán tanto nos debates organizados, para a elaboración dos diferentes traballos ou como complemento ás clases maxistrais.
Discusión dirixida Como complemento ás clases impartiranse diferentes actividades que inclúen videos e debates. Igualmente poderán programarse conferencias e charlas con especialistas na materia.
Traballos tutelados Os/as alumnos/as poderán realizar diferentes traballos sobre temas especificos recomendados polo profesor. Nestes traballos se valorarán a capacidad de recopilar, sintetizar e a aportación que cada alumno/a poida facer en canto ao estilo, enfoque e procedemento segundo a orientación do profesor.
Proba obxectiva Para aqueles/as alumnos/as que no superen a materia a través dos traballos e actividades programadas, realizaranse os exames finais nas convocatorias oficiais que programe a Facultade.