Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Procura dunha sentenza sobre o "dereito ao esquecemento" e medios de comunicación e comentario sobre a sentenza.
Lecturas Lecturas sobre a evolución do sector cara ao panorama dixital.
Discusión dirixida Posta en común dos diferentes puntos de vista entre os alumnos respecto ao contexto legal que lexisla o sector ou a crecente importancia do universo dixital, ante un interrogante lanzado polo profesor ou algunha das lecturas propostas.
Sesión maxistral Visitas de persoas relevantes no sector para contar o seu día a día e a evolución das empresas nas que traballan cara ao mundo dixital.
Seminario Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia.