Metodoloxías Descrición
Obradoiro Para ter sempre presente unha visión práctica e de aplicación real, as clases alternarán varios tipos de contidos:

- Conceptos teóricos, sempre acompañados de exemplos reais, pequenos exercicios
colaborativos e probas en kahoot.
- Casos de uso reais e recentes da IA en xornalismo e comunicación audiovisual e conclusións de novos estudos e enquisas sobre a situación actual da materia.
- Ferramentas prácticas e libres para aplicar eses conceptos a posibles usos no
futuro e deseñar un caso de uso para a IA no xornalismo.
- Consulta e debate con cada grupo para analizar se se pode aplicar a IA
dalgún xeito ao teu traballo de fin de máster e se xa hai casos de uso semellantes.
Sesión maxistral Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que transladan aos alumnos os contidos nucleares da materia. Compleméntanse con titorías.