Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Valoración dos coñecementos adquiridos polo alumno en materia de lexislación audiovisual mediante a discusión de temas que propón o docente.
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento dun caso práctico por grupos en que os alumnos deben definir as decisións de carácter legal que deberían tomar se iniciasen un proxecto audiovisual: como constituír unha empresa, contratos laborais dos empregados, rexistro de ideas, etc.
Seminario Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia.