Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 Avaliación continua en función da participación nos debates, a entrega de traballos de análise para o seu estudo en clase e da resposta a preguntas concretas durante a análise. 50
Traballos tutelados A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 Entrega dunha análise audiovisual final. 50
 
Observacións avaliación

Alumnado presencial

O alumnado presencial será avaliado en función dos traballos de prácticas solicitados ao longo do curso, a participación nas discusións dirixidas e o traballo final da materia (entregado en tempo e forma, cumprindo cos requirimentos especificados para o mesmo). 

Alumnado con dispensa académica, segunda oportunidade e convocatoria de decembro 

O alumnado con dispensa académica será evaluado en función dos mesmos criterios, malia que se establecerá formalmente entre profesorado e cada alumno/a a forma, prazo e formato de entrega dos traballos prácticos.

No caso de suspender, a evaluación na segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte dos traballos tutelados, so deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.

Plaxio

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.