Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 O/a titor/a da empresa elaborará un informe final, no modelo oficial da UDC, a fin de valorar as competencias adquiridas polo/a alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica de ítems incluídos no sinalado formulario.

A nota da estadía de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos.
80
Portafolios do alumno A4 A8 A9 B3 B4 B6 Deberase entregar unha memoria final do/a alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas, os coñecementos e competencias adquiridos en relación coa titulación, así como unha reflexión crítica sobre a súa aprendizaxe durante o período de prácticas preprofesionais. Este documento seguirá o modelo establecido para a materia -extensión mínima, estrutura...- coas adaptacións precisas para cada caso concreto.

Nesta memoria tamén se incluirá un resumo-valoración das actividades-eventos que ao longo do curso sexan convocados como parte da materia (por exemplo accións de formación e orientación laboral).

Esta memoria será avaliada pola titora de prácticas da Facultade ata un total de 2 puntos. Ademais da súa estrutura, contido e extensión, na avaliación da memoria-portafolio terase en conta a presentación, redacción e corrección ortográfica.
20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas as partes: memoria e "Traballos tutelados". No caso contrario só se podería recuperar a parte do "Portafolios" na segunda convocatoria (entrega na data oficial de exame en setembro). 

Para a avaliación na primeira oportunidade cómpre que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria ata a data oficial de exame (esta incluída). De non ser así pasaría a avaliarse na segunda oportunidade

Debido ás características desta materia non se establecen sistemas de avaliación alternativos para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia se ben, sempre de acordo coa entidade de prácticas, podería terse en conta ditas particularidades na elaboración do Plano Formativo.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso nos "Traballos tutelados" e -por tanto- na materia.

No caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión valorar a situación coa documentación pertinente aportada polo/a alumno/a e as persoas encargadas da súa titorización (entidade-facultade). 

A elaboración da memoria-portafolio esixe ao estudante a reflexión crítica respecto da súa experiencia durante a estadía de prácticas, relacionándoa coa súa formación académica. Neste senso trátase dun traballo persoal: calquera memoria que conte cun fragmento superior a unha frase copiado será anulada, co consecuente suspenso na materia.

Mencións. No caso de que o/a estudante opte por cursar unha das mencións de grado, e complementar os créditos das asignaturas asociadas a dita mención cos créditos da materia Prácticas, o proxecto formativo das prácticas deberá estar aliñado coas competencias adquiridas na mención elexida.