Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais inclúen a presentación dos contidos teóricos de cada tema da materia, así como a explicación do funcionamento do programa informático utilizado na mesma. Estas clases son o punto de partida para o resto de actividades previstas.
Obradoiro A actividade de taller permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos adquiridos. Nestas clases, os estudantes realizarán exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos expostos, baixo a supervisión da profesora.
Traballos tutelados Durante esta actividade, realizarase o seguimento e darase solución aos problemas que se presentan na realización das diferentes fases previas á entrega do traballo final.
Portafolios do alumno O alumnado realizará un traballo final individual no que aplicará todos os coñecementos adquiridos durante o curso.