Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Iniciación en deportes II (Natación) (optativa)/620G01313
Actividades acuáticas saudables e socorrismo (optativa)/620G01042
Iniciación en deportes VI (Natación sincronizada)/620G01414

Observacións
Dado o carácter teórico - práctico da materia, diversas metodoloxías formuladas están encamiñadas a favorecer que o alumno adquira aprendizaxes que lle resulten de maior dificultade; deste modo o traballo sobre as prácticas motoras poderá ser de grande interese para familiarizarse coa observación das habilidades acuáticas e iniciarse na elaboración de tarefas que faciliten a consecución dun determinado obxectivo; se ben dada a posibilidade grupal do traballo, á súa vez poderá resultar proveitoso para aqueles alumnos que carezan dunha elevada competencia motora relacionada co medio acuático.Por outra parte, o traballo tutelado dirixido á realización de prácticas nunha escola de actividades acuáticas, permitirá familiarizarse co ámbito, observar e analizar o traballo desenvolvido nestas e poñer en prácticas con alumnos reais, non compañeiros, os coñecementos e experiencias adquiridos na materia.