Metodoloxías
Traballos tutelados
Análise de fontes documentais
Descrición
Realizarán un traballo continuo sobre unha folla de cálculo en que se irán desenvolvendo supostos dos temas de mecánica aplicada ao movemento humano, resolvéndose con simulación diversos problemas expostos nas sesións maxistrais.
Estes traballos realizaranse de forma individual.
Os alumnos realizarán a profundización dalgún tema estudando fontes documentais ( artigos, documentos audiovisuais, páxinas web...) a fin de complementar a información achegada na sesión maxistral.
Os traballos estarán tutelados polo profesor nas sesións prácticas e durante as tutorías, así como por correo electrónico.
Os alumnos con matrícula parcial terán atención do profesos a aula, no despacho nos horarios de tutorías e a través do correo electrónico e moodle onde poderán acceder á documentación exposta na aula e aos traballos prácticos