Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Aplícase unha metodoloxía expositiva complementada mediante medios audiovisuais, co fin de ilustrar significativamente os contidos tratados e de facilitar a súa comprensión.
No entanto, e con independencia do anterior, durante as devanditas sesións perséguese alcanzar unha certa cota de participación por parte do alumnado, potenciando a súa implicación, fomentando a retroalimentación do proceso (e por tanto o carácter bidireccional da comunicación), e dinamizando os mecanismos de aprendizaxe mediante técnicas de interacción.
Obradoiro Proponse a exercitación mediante prácticas guiadas desenvolvidas con medios informáticos.
Contempla a adquisición dunha metodoloxía operativa sobre a base de supostos prácticos cun nivel crecente de complexidade.
Solución de problemas Proponse probas de carácter práctico, nas que se ha de afrontar situacións problemáticas concretas, deseñadas a partir dos contidos traballados previamente.
Traballos tutelados A metodoloxía docente oriéntase basicamente segundo o criterio da aprendizaxe na acción, a efectos de potenciar a adquisición de destrezas específicas. Neste contexto cobra protagonismo a elaboración dun traballo amplo, onde conflúen as competencias profesionalizantes da materia, ligadas por tanto á utilización de aplicacións de análise numérica, con outras de carácter transversal, como son, entre outras, a procura de documentación (a miúdo facendo uso de novas tecnoloxías), a organización e planificación de actividades, a xestión da información, ou a expresión oral e escrita. De forma esquemática, distínguense os seguintes pasos: selección do tema, elaboración dun guión de traballo xenérico, exame in situ, reportaxe fotográfica, levantamento planimétrico, localización e consulta de fontes de referencia, construción e axuste de modelos, interpretación de resultados, e redacción dunha memoria final que atenda á totalidade do traballo. Dado o carácter tutelado do mesmo, deben producirse sesións periódicas de seguimento co profesorado, a fin de optimizar ou, no seu caso, reconducir as actividades en curso.