Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Unha vez superada esta asignatura, xunto con tódalas demáis, o alumno debe haber adquirido as seguintes competencias: 1. Aptitude para crear proxectos de restauración arquitectónica que comportan unha fase importante dos procesos de patrimonialización cultural dun Ben Cultural (edificio, ben urbano ou territorio) que satisfagan á súa vez as esixencias estéticas e as técnicas. 2. Coñecemento adecuado da historia e das teorías da arquitectura, da conservación da arquitectura, da cidade e do territorio histórico, así como das artes, tecnoloxía e ciencias humanas relacionadas. 3. Coñecemento das belas artes como factor que pode influir na calidade da concepción arquitectónica. 4. Coñecemento adecuado do urbanismo, a planificación e as técnicas empregadas no proceso de planificación da cidade histórica e do territorio histórico. 5. Capacidade de comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como os valores patrimoniais que estes soportan e a necesidade de relacionar os edificios e os espacios situados entre eles en función das necesidades e da escala humanas. 6. Capacidad de comprende-la profesión de arquitecto e o seu papel na sociedade, en particular elaborando estudios, informes ou proxectos tendo en conta os factores sociais e os valores patrimoniais e culturais. 7. Coñecemento dos métodos de investigación e preparación do proxecto de restauración. 8. Comprensión dos problemas da concepción estructural, de construcción e de enxeñería vencellados cos proxectos de edificios con valores históricos e patrimonial-culturais, coa cidade histórica ou co territorio histórico. 9. Coñecemento adecuado dos problemas físicos e das distintas técnicas e tecnoloxías, así como da función dos bens inmobles, de forma que se dote a estes de condicións internas de comodidade e de protección funcionais e culturais en consonancia e compatibilidade cos usos históricos reportados polo Ben arquitectónico. 10. Capacidade de concepción para satisfacer os requisitos dos usuarios dos bens inmobles respectando os límites impostos polos factores presupostarios, pola normativa da construcción e polas boas prácticas de intervención no patrimonio edificado, a cidade e o territorio histórico. 11. Coñecemento apropiado das industrias, organizacións, regulamentacións, normativas e procedementos metodolóxicos para plasmar os proxectos nos Bens e para integrar os planos na planificación. A5
A9
A14
A15
A16
A34
A36
A39
A41
A43
A44
A45
A46
A48
A58
A59
A61
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B17
B18
B19
B22
B23