Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B1 B5 C7 A avaliación das prácticas feitas nas aulas, será ao longo do cuatrimestre. Nesta avaliación verase o traballo feito polo alumnado e os coñecementos adquiridos.
Debido ao carácter fundamentalmente práctico da materia, requirese unha porcentaxe do 90% de prácticas entregadas en data, atendendo ao calendario académico.
No caso de non poder asistir de maneira xustificada, o alumnado poderá entregar o traballo na semana seguinte, sendo a súa valoración o 50% da nota.

A porcentaxe sobre da nota final será do 30%.

30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A63 B2 B4 B5 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O traballo tutelado será avaliado seguindo o criterio de idoneidade do mesmo atendendo aos enfoques de análise, reflexión e presentación final.
A realización do traballo tutelado precisa do seguimento por parte do profesorado, motivo polo que serán precisas un mínimo de catro (4) revisións ao longo do seu desenvolvemento.

A porcentaxe da nota final será do 15%.
15
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 Realizaranse dúas prácticas especiais ao longo do cuadrimestre.
Con estas prácticas avaliarase a transferencia dos coñecementos adquiridos polo estudantado nas diferentes partes da materia.

A porcentaxe da nota final será do 55%.

Para a aplicación desta porcentaxe será necesaria unha nota media de 5 puntos, entre as dúas prácticas especiais. Será preciso un mínimo de 4,5 puntos en unha das probas para facer a media.



55
 
Observacións avaliación

NOTA:

A AVALIACIÓN É CONTINUA AO LONGO DO CUATRIMESTRE, A ASIGNATURA APRÓBASE POR CURSO, SEMPRE QUE SE TEÑAN SUPERADAS AS PARTES QUE FORMAN A CUALIFICACIÓN FINAL = [Prácticas clase 30%+Traballo tutelado 15%+Prácticas especiais 55%]

PARA OPTAR A UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE, O ALUMNADO DEBERÁ CUMPRIR OS CRITERIOS DE ENTREGAS E ASISTENCIA DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE DURANTE O CURSO. QUEDANDO EXCLUIDOS OS ALUMNOS QUE NO CUMPRAN ESAS CONDICIONS e que por tanto non teñan seguido o cuatrimestre.