Código Competencias do título
A1 Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T)
A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
A3 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial.
A4 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
A5 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da xeometría métrica e proxectiva.
A6 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das técnicas de levantamento gráfico en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntes á restitución científica.
A7 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica xeral, a estática, a xeometría de masas e os campos vectoriais e tensoriais.
A8 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da termodinámica, acústica e óptica.
A9 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica de fluídos, hidráulica, electricidade e electromagnetismo.
A10 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das bases de topografía, hipsometría e cartografía e as técnicas de modificación do terreo.
A11 Coñecemento aplicado do cálculo numérico, a xeometría analítica e diferencial e os métodos alxébricos.
A12 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar estruturas de edificación. (T)
A13 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar sistemas de división interior, carpintería, escaleiras e demais obra rematada. (T)
A15 Aptitude para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de cimentación. (T)
A16 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar instalacións de subministración, tratamento e evacuación de augas, de calefacción e de climatización. (T)
A17 Aptitude para aplicar as normas técnicas e construtivas.
A19 Aptitude para conservar a obra rematada
A20 Aptitude para valorar as obras.
A25 Coñecemento axeitado dos sistemas construtivos convencionais e a súa patoloxía.
A29 Coñecemento dos procedementos administrativos e de xestión e tramitación profesional.
A30 Coñecemento da organización de oficinas profesionais.
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A35 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T)
A36 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de dirección de obras. (T)
A42 Aptitude para catalogar o patrimonio edificado e urbano e planificar a súa protección. (T)
A43 Capacidade para realizar proxectos de seguridade, evacuación e protección en inmobles. (T)
A47 Capacidade para elaborar estudos medioambientais, paisaxísticos e de corrección de impactos ambientais. (T)
A48 Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos.
A49 Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura.
A50 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo dos procesos de simbolización, as funcións prácticas e a ergonomía.
A51 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda.
A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A54 Coñecemento axeitado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas.
A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
A56 Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A58 Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana.
A59 Coñecemento dos mecanismos de redacción e xestión dos planos urbanísticos a calquera escala.
A61 Coñecemento do análisis de viabilidade e a supervisión e coordinación de proxectos integrais.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
B8 Coñecer o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación
B9 Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes
B10 Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible
B11 Coñecer as industrias, organizacións, normativas e procedementos para plasmar os proxectos en edificios e para integrar os planos na planificación
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.