Metodoloxías
Obradoiro
Obradoiro
Descrición
Os profesores da materia seguirán os obradoiros, facilitando a oomprensión da materia e a elaboración dos distintos traballos propostos, que se realizarán individualmente ou en grupos de 3 membros.
Nos talleres recíbese atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolverse, a traveso do profesor do grupo ao que fose asignado.
Contarase cos medios complementarios:

Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a traverso das que se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.