Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento dos temas do programa (explicación dos conceptos teóricos, baseados en numerosos exemplos e problemas tipo).
Solución de problemas Resolución das prácticas que se proporán ao longo do curso. Os enunciados das prácticas publicaranse na páxina web da asignatura con suficiente antelación. Con posterioridade á sesión práctica, publicaranse na páxina web as correspondentes solucións ou orientacións para a resolución dos problemas.

En cada tema unha das prácticas proporase para resolvela en grupos, e recollerase para a súa calificación. Para a resolución das prácticas los/as estudiantes formarán grupos de dous, distintos para cada práctica, ou de un alumno, e ao rematar a clase cada grupo entregará as súas solucións, incluída no seu caso a transcrición do código de R que se usara e os resultados numéricos obtidos.

Na cualificación final das prácticas non entrará a práctica na que o/a estudante obtivera a menor puntuación.
Proba de resposta breve Proba individual tipo test ou de resposta breve, que se entregará, sobre o contido de cada un dos temas do programa.

Na cualificación final dos tests non entrará o test no que o/a estudante obtivera a menor puntuación.
Proba obxectiva Os exames son de carácter práctico e cobren a totalidade da asignatura. Permítese o uso dun resume ou formulario, de cinco folios manuscritos como máximo, que inclúa os resultados teóricos que o/a estudante estime convenientes. Salvo mención en contra, prohíbese levar ao exame outro tipo de apuntes, libros ou recopilacións de problemas resoltos. Para a realización do exame cada alumno/a disporá dun equipo informático co software R instalado. Alternativamente, permítese o uso dunha calculadora científica estándar, con modo estatístico, así como de táboas das diferentes distribucións.