Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consistirán basicamente en explicacións teóricas dos distintos apartados do temario. Ademais se contextualizará cada tema dentro das súas posibles aplicacións prácticas durante a vida profesional.

Proba oral Resumo esquemático de principios e fórmulas que se consideran esenciais e que deben ser memorizadas ou arquivadas dalgún modo por resultar ferramentas de traballo imprescindibles para ao alumno e para o futuro traballador.
Proba mixta Proba que comprende tanto preguntas teóricas breves como exercicios prácticos.

Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de laboratorio relacionadas con temario, para observa-la aplicación práctica dos coñecementos teóricos adquiridos.
Solución de problemas Resolución de exercicios propostos relacionados con toda a teoría explicada.