Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O enfoque é eminentemente práctico e o seu obxectivo é propiciar a utilización conceptual e práctica dos mercados financeiros.
Discusión dirixida Sobre a base dos asuntos seleccionados realizaranse síntese dos aspectos básicos e das implicacións para empresas, particulares e sector público.
Traballos tutelados Requírese a realización dun traballo, en equipos de dous estudantes, consistente na preparación e posterior entrega dun informe sobre algunha das principais temáticas abordadas no programa.
Proba obxectiva Exame con cinco preguntas de desenvolvemento seleccionadas entre o temario.
Sesión maxistral Explicación en clase dos diferentes temas con apoio de lecturas e contidos da web do profesor.