Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B2 B3 C6 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para
poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación minima de 4,0 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.


50
Estudo de casos A12 A19 B4 B5 B11 B12 Facilitaranse textos e lecturas sobre empresas e casos reais que deberán ser traballados polo alumno en grupo para a súa posterior exposición en público.
As lecturas serán facilitadas polo profesor ao finalizar cada tema teórico.
50
 
Observacións avaliación

Cualificación de non
presentado: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da puntuación obtida.

Na convocatoria adiantada seguirase o mesmo criterio do 50% para as probas de resposta múltiple e 50% para o estudo de casos.