Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada nas metodoloxías indicadas ten como finalidade principal orientar o manexo, ordenación, comprensión e avaliación dos materiais de traballo, singularmente das normas xurídicas. Tamén pretende guiar a deliberación e argumentación para garantir o seu rigor, en razón do escaso coñecemento da linguaxe e os conceptos xurídicos e a falta de costume no seu manexo.
Para os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia se concretará un modo de avaliación alternativo axustado ás súas circunstancias, previa titoría cos profesores da materia.