Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
A atención personalizada consistirá na orientación e seguimento, mediante tutorización, tanto da elaboración do traballo tutelado de curso, coma da preparación das lecturas a expoñer e valorar criticamente.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá desenvolver as metodoloxías previstas para os restantes alumnos, entregando os traballos indicados (traballo tutelado, lecturas e recensión bibliográfica). Pero estará exento da asistencia ás sesións maxistrais, así como será obrigatorio para el o someterse á proba obxectiva de fin de curso.