Metodoloxías Descrición
Proba mixta Consiste nunha proba con dúas partes. Unha primeira, en forma de test, para constatar un coñecemento básico da Biblia; Unha segunda, con temas a desenvolver por escrito sobre os contidos da segunda parte dos contidos, A mensaxe cristiá.
Sesión maxistral Son as exposicións de clase sobre os contidos nucleares do programa.
Discusión dirixida Estando atentos aos acontecementos e noticias relacionados coa materia ou a partir dalgún texto facemos comentario e debate participativo para esclarecer as súas raíces e fundamentos e mais os aspectos que afectan á asignatura e que axudan a comprender ou ampliar os contidos da mesma e a súa implicación na vida social e cultural.
Portafolios do alumno Os comentarios e participacións na discusión dirixida na aula serán presentados por escrito polo alumno cunha perspectiva persoal e ampliada.