Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Nel recolleranse os resultados das actividades realizadas no seminario, a análise de fontes documentais, os eventos científicos e divulgativos que se analicen nas sesións presenciais, debidamente enriquecidas polo traballo persoal e individual do alumno ou alumna
Eventos científicos e/ou divulgativos Utilizaranse as ocasións propiciadas polo entorno do alumnado para afondar na realidade da inclusión socioeducativa: conferencias, exposicións, congresos, etc, que serán expostos no grupo e incluídos no portaflio
Análise de fontes documentais Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficos: fragmentos de reportaxes, documentais, películas, noticias de actualidade, biografías, que son relevantes para analizar a segregación, a integración e a inclusión social e educativa
Lecturas Serán facilitadas con antelación para que se revisen antes das sesións presenciais co fin de potenciar unha discusión informada nas sesións de seminario.
Seminario Nas sesións presenciais potenciarase a discusión argumentada de todos os membros do grupo, así como a elaboración dos esquemas básicos que logo os alumnos e alumnas desenvolveran máis ampliamente en base ao estudo e reflexión individual