Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupos pequenos para a resolución dos problemas plantexados na aula
Obradoiro Aplicación de aprendizaxes mediante exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, prácticas guiadas, etc. sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Prácticas a través de TIC Prácticas con programas de ordenador
Sesión maxistral Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Por iso, as clases expositivas, céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta O exame realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario relacionadas co ámbito de estudo da materia. Céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos.
Solución de problemas Resolución de problemas plantexados na aula