Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Segundo a temática acordada co seu titor/a.
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 4 exemplares, así coma o impreso de solicitude de defensa
DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición.
Traballos tutelados O alumnado realizara o TFM baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFM e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFM.