Temas Subtemas
Alfabetización dixital e seguridade das e os menores na rede.
Este primeiro tema abordará as competencias necesarias para facer un uso seguro de Internet e os principais riscos experimentados polas e os menores na rede ofrecendo instrumentos e coñecementos para afrontalos e previlos. Proteción de datos.
Posibilidades educativas das Tecnoloxías emerxentes na Educación Infantil e Primaria. As TIC evolucionan a un ritmo vertixinoso pero non todos os avances teñen unha aplicación inmediata ou directa na aula nin interese educativo. Neste tema abordaranse as posibilidades educativas das Tecnoloxías Sociais e doutras xa consolidadas e non abordadas no grao por exemplo a tecnoloxía Cloud computing, Realidade Aumentada, Learning Analitics) para poñer en marcha propostas máis flexibles, globalizadas, inclusivas e multilenguaxe na educación Infantil e Primaria.
Desenvolvemento autónomo dos procesos de ensino e TIC. As TIC abriron novos escenarios e posibilidades para reforzar a autonomía nos procesos de aprendizaxe e a avaliación formativa Neste tema abordaranse a implementación do e- portfolio e as Contornas Persoais de Aprendizaxe en Educación Infantil
e Primaria).
Deseño de proxectos de innovación educativa mediados por TIC. Exemplos de boas prácticas. Neste tema presentaranse e analizarán exemplos de boas prácticas de innovación educativa con TIC. Seleccionásense experiencias (derivadas de proxectos europeos e nacionais), programas ( etwinning, entre outros) e identificaranse as claves de éxito e posibles aplicacións en educación Infantil e Primaria.
Políticas e recursos institucionais para a integración das TIC na aula e centro educativo. Finalmente presentaranse e analizarán con criterio académico as políticas e programas de implementación de TIC nacionais e autonómicos así como os principais recursos dispoñibles nos centros educativos galegos.