Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Proba mixta
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada descríbese en torno a estas metodoloxías como momentos de traballo presencial co profesor polo que se pide unha participación obrigatoria do alumnado.

A forma e o momento no que se desenvolve indicarase en relación a cada actividade ó longo do curso mediante o plan de traballo da materia.

Nesta materia se admitirá a dispensa académica, pero deberán comunicalo antes do inicio da docencia da materia e deberán realizar varias actividades acordadas co profesorado correspondente, ademáis do traballo e o examen que debe realizar como aqueles alumnos que non cumpren o 80% da docencia. Tendo que acadar en cada unha das probas unha puntuación igual ou superior a 5, para facer a media ponderada correspondente para a cualificación final.